Sinal Fechado

Acaba o 2007, un ano no que moitas cousas aconteceron.
Houbo algunhas boas e outras moi malas, pero non é a miña intención facer aquí un balance do ano.

Si que quería facer unha reflexión.
Cunha maior amplitude temporal.

Desde que comecei este fotolog ata hoxe a miña vida cambiou en boa medida, evoluindo ata un punto no que me sinto máis feliz comigo mesmo e máis integrado na perspectiva global da realidade.

O obxectivo deste espazo en internet era o de mostrar ás persoas que se interesan por min outras realidades. Foi unha tentativa de compartir unha pequena parte das miñas preocupacións e pensamentos. Unha parte significativa, de calquera modo.

Agora sinto que este modelo está esgotado.
Pero non porque non teña máis cousas para compartir, ou non queira facelo.

O que realmente quero contar é que a partir de hoxe vou facelo de forma distinta. Creei xunto coa persoa a quen amo un novo lugar no que os dous seguiremos contando as nosas pequenas historias diarias. Terá a posibilidade de que calquera comente, a diferencia das restriccións que o fotolog creou hai uns meses, así que espero a vosa participación!

Para chegar só tedes que acceder no último link dos que aparecen á dereita. Entrade, e refrescádevos!

On December 30 2007 Edit






o_voso

unknown -
203 Photos
Sao Paulo, São Paulo, Brazil




Loading ...